A Xunta Directiva e a Dirección do Centro San Xerome, en representación das familias e usuarios do mesmo, queren agradecer públicamente o esforzo realizado polas empresas, entidades e particulares mantendo o seu apoio nesta difícil coxuntura económica.
Gracias por seguir camiñando connosco.
Esta colaboración fixo posible a realización de novos proxectos, transformou algúns soños en realidade, enchendo de maxia o longo camiño cara a integración social.
Neste ano recén rematado, os socios aportaron 20.000 €, as empresas 8.000, e as Comunidades de Montes 7.200 €. Estas aportacións traducironse nunha furgoneta adaptada, instrumentos musicais, mellora nos espazos de traballo, novo material,…, etc., etc.
Desexamos o mellor para o presente ano, e poder así continuar cos obxectivos sinalados na nosa misión:
“Facilitar as persoas con discapacidade e as suas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, familiar, laboral e social”
A Guarda, 12 de xaneiro de 2013
Información cortesía de INFOGAUDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario